jueves, 10 de febrero de 2011

...are we human, or are we dancer?

Pensar no que somos, no que facemos, no que sentimos; debería ser algo normal, algo ao que adicarlle cada día unha hora ou dúas. Sen embargo, o mundo e a vida pégasenos como un chicle e homoxeneízase tanto cos límites de nós mesmos que non somos quenes de darnos conta, de separarnos, do mundo que nos rodea. É evidente toda a influencia que recibimos do exterior, pero non somos seres disoltos que se confundan. Non falo xa de considerarnos individuos independentes en decisións ou ideas. Falo de concebirnos por separado, tendo sempre en conta o noso medio pero sen misturarnos con él, de facer un viaxe, non introspectivo, senon como cando nas películas de debuxos o protagonista queda durmido e sae como unha especie de vaho do corpo deitado. Así, desa maneira, mirarnos, ao bordo dun cantil, do cantil máis alto do mundo, tocas o universo coa punta dos dedos e berrar, bailar, tirarnos a rolos se nos apetece, preguntarnos dunha vez por todas quenes somos, nin a onde imos nin de onde vimos, só quenes somos ahí nese momento preciso. Quenes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario