lunes, 24 de enero de 2011

A maleta




Unha maleta inpira viaxes, cambios, decisións que tomamos para sentirnos máis libres ou máis vivos. Pouco se fala (ou moito, segundo se mire) de aquelas cousas que nos anclan ou nos levan. Porque hai veces que o que queremos e o que nos fai felices son polos opostos, porque hai persoas que te arrastran pola vida como fai a nai turista coa nena sen dentes de adiante. E non intentes loitar, porque se alguén te atrapa non serás feliz se non sabes se vas volver ver o seu sorriso. Espera que faga as maletas, voume contigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario