lunes, 24 de enero de 2011

O cinematógrafo.

Tras unha película bonita ou encantadora os comentarios son, polo xeral, comúns. Un eco histriónico que se repite invariable é aquelo de "oh! por que non será a vida coma nas películas?". Sen embargo, a vida seméllase moito a un gran cinematógrafo no que somos á vez os guionistas insomnes, o disector insatisfeito, o actor esixente e os decoradores laiándose pola escaseza de presuposto. Pero sobre todo, e mesmo antes ca todo iso, somos o espectador. Un espectador que critica os decorados, os gións e ao propio actor coma se fose unha entidade separada dos mesmos. As veces, por un azar, o espectador entra entre bambalinas e toma o control. E a vida convírtese nunha película francesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario