martes, 26 de abril de 2011

Peixes que devoran tomates a mordiscos.


Unha época da vida de unha que chega á sua fin. A adoración a Heráclito proporcióname unha vez máis motivos para deixar de lado o meu ateísmo e invocar a Ehecatl con chocolate e guindilla. É un vello amigo meu, non preciso chamalo para que me devolva a tiza (sinto que o xiz sexa outra cousa, como fillos de seixos). Monmartre e o seu desengano, a perfección e o seu deterioro, ou peor, o seu cúlmine. O hospital Ucraniano agochado na máis colorida estación e Amélie foi rodada nun barrio de Londres, que o sei eu e senon invéntomo. O chegar á perfección e albiscala, enxergala entre os dedos cámara de fotos, faite renegar dela e de todo o que ven, das pombas, dos rumiantes, das nubes brancas. A cama e a autosuxestión de repeticións non merecen unha soa mirada atrás. A cama, se cadra, cando ten libros dentro ou é unha de faquir, que coas esquinas da encadernación ven sendo o mesmo. Dame igual se ter cocodrilos xigantes como os teus de curry ou peixes e que me amanezan boca arriba bocexando a nada, han estar máis vivos que a historia latente de algo eterno, que se dicía Nietzsche de predicar co exemplo e Camus lle facía caso eu antes suicídome para reivindicar a vida que durmo para rexeitar a morte. Canta razón tiñan The Who sen sabelo, só pensando nas súas adiccións Dandys, oh Dandys! O sacrificio que vos facedes a vós mesmos e as esixencias ante o mundo fan de vós uns deuses e dos bares o voso patio de recreo, teñades tantas plumas como poidades contar e xamáis esquenzades que a vosa cazadora está feita de escamas e cinta magnética. Unha eterna inocencia que leva á morte prematura, á vida memorable e gloriosa. Unha vez máis Dandys, merecedes unha saída de acordeón, un esmalte de unllas pintoresco, un arrecendo a garrapiñadas.




"...e amarei a aquela persoa que sexa quen de comer tomates a mordiscos, e que estea disposta a ensinarme a facelo."


Eu, unha vez máis retírome, e despídome dunha nova caixa de cinta rotulada co meu nome e o nome dunha balea que nada do revés. Todas o fan na miña vida e iso gústame.

http://comertomatesamordiscos.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario