Recordo as festas da Ascensión, cando era pequena. Eran unhas festas moi importantes, sempre había algodón de azucre, atraccións e unha noria enorme. Tamén un postiño pequeno, como unha tómbola en miniatura, cun estanque. Os patiños de goma flotaban movidos pola corrente que creaban as aspas do muíño conectado ao xerador trala farola e eu pescábaos sempre todos. E o agasallo era un peixe. Un peixe laranxa nunha grileira, pois aquelas peceiras servían máis adiante para meter os grilos que devoraban os meus bocadillos de mortadela. Eses peixiños laranxas, que vivían só unha semana, fixéronme asociar os peixes con algo efímero e sen sentido. Cando comecei a ver os peixes nos poemas, como simbolismo dos sentimentos indigneime. Agora reconcilieime con eles e volvo correndo descalza pescar patiños de goma, seguindo as labazadas dun vento imposible que me estampa contra as esquinas. Os peixes son os sentimentos. Futís, insensatos, traizoeiros, vivos, rechamantes, acaparadores, efímeros. E ao final só che deixan a grileira dos recordos, que bos ou malos tanto dan, son todos igual de bonitos e igual de susceptibles de ser convertidos en texto. Así que cando me din conta de que os peixes rondaban a miña vida, coméndome as pombas que se me aferraban estrañas ao pelo, xirei con ganas de que me levasen, que non me deixasen coas pombas, en stand by, inmortal e pefecta. Quero ser corrompida pola vida e pola morte e notar a putrefacción na carne dos meus ósos.
...negar as mandarinas que prometes, que vivamos a lombos dunha esfera ilimitada... Estíbaliz Espinosa
jueves, 7 de abril de 2011
Peixes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A perfección, ese algo abstracto que ás veces nos enche e que pode facernos caer...
ResponderEliminarA perfección é ABURRIDA e detenche, non deixa avanzar.
ResponderEliminarDe todas maneiras, grazas polo comentario. XD