martes, 12 de abril de 2011

Salmóns devorados por pavos impávidos, os ourizos tan só esperan preto da casa de Trespassers Will.



Dandy é a palabra para os pavos




Unha presada roubada de plastelina é o que chegou polo río dos peixes. E é que as medusas se tinguen de lila e de yellow para valorar as plumas dos pavos reais. Unha ponte sobre augas turbulentas que os meus amigos Simon e Garfunkel, tan comedidos eles, non destruíron cos seus neóns. Se isto é un circo, pídome ser o neno no público que ten o dereito inalienable de abrir a boca e os ollos cando aparece o trapecista. De london ás sabanas africanas hai un paso e un salto dos meus dedos no edredón mapamundi. Vou suar a miña plastelina a puñados, arrincala e metela en tódolos paqueles, mirala aos ollos e recordar o pasado engreído con soberbia e o rabo do tigre. As pombas matáronme tanto os ollos... E ti, recórdasme tanto a os meus seis anos e as comenecias e o hilarante do asunto do aceite, do chiste da radio que soaba mellor a dúas voces e a masa que xa non sei utilizar, a masa das miñas mans que xa non adevinhan, preciso unha xitana ou a ti, que és como o voo das súas saias que un momento o ves e outro xa non... que en silecio admiras, que non morras cos peíños ahí abaixo...


Estou certa, de que ti me gardaches tódalas cintas sen querer por ser o oposto ao caramelo e o éter. Penso que os teus beizos saberán a curry cando os mordas pola noite no cubillo. Pínchalle no estómago ao pavo cando se ten que poñer taaaan ergueito, o ourizo que tragou de pequeno? con todas esas moreas de papeis e de estalagtitas ou estalagmitas e en resumo as pedras de sal todas? ou quizais o murmurio que se oe non é do río senon da máquina de vapor que pela limóns para que te vaias suicidando tráxicamente e ter unha morte digna de café e de auntobiografía, que un cancro non é truculento abondo. Vamos, non xogues tanto a facerte garza, que ata agora os pavos están máis perto dos peixes e aparecen canda os cocodrilos comedores de reloxos, e de zapatos, e de mans que se fan o amor mutuamente bailando "Eloíiiiiis.........." Por sentir a pel núa. Por amor dinse palabras. Por amor mércanse os peixes na noria e póñenselle ás, e migas de pan de onte, e sácanselles milleiros de fotos que pendurar das paredes ata que xa non queda parede e entón? entón a parede desparece e quedaches atrapado. As fotos nunha baralla e...tirarse ao mar tamén, tamén é tráxico abondo, ainda que algúns o acusen de cobarde. Cando suba gloriosa, (non tanto coma ti, por descontado) e poña as miñas pegadas nas que vas facendo ti de mentira (como aquelas que facía eu de pequena na praia en forma de pata de can, para enganar aos vixiantes) e sexan máis verdadeiras as túas, porque o sei, porque non se minte cos peixes e eu só morro por chegar a unha escala máis...así se sinte o salmón cando, desafiante, volve ao río no que naceu. E eu recupero, tódolos meus programas de radio.

2 comentarios:

  1. Ohh! es un blog maravilloso *_* jaja
    En verdad, esta entrada no la he leido, pero cuando lea el blog bien, te comentaré en todas.
    PD: INVITO A TODOS LOS LECTORES DE ESTE BLOG QUE COMENTEN,GRACIAS.
    :)

    ResponderEliminar
  2. Que cuca eres ^^ pues léela anda, que eso de comentar en entradas que no has leído...
    De todas maneras, mucho me temo que eres mi única seguidora real XDDD

    ResponderEliminar